Os pobos de Europa ante os tratados de libre comercio

A Fundación Galiza Sempre e o Centre Maurits Coppieters organizaron o 1 de xullo de 2017 na Coruña un congreso sobre os tratados de libre comercio, coordinado polo profesor  Xosé Manuel Carril, e que contou coa participación de especialistas no campo do dereito, a economía, as relacións internacionais, a socioloxía ou a historia.

Durante o congreso, representantes do BNG (Galiza), EH-Bildu (Euskadi), ERC (Catalunya), UDB (Bretaña), Ecolo (Valonia) e Sinn Féin (Irlanda) asinaron unha declaración contra os tratados de libre comercio que “responden a unha lóxica contraria aos intereses das nacións sen estado, permitindo ás corporacións transnacionais e aos conglomerados financeiros contaren cun sistema de control económico que perpetúa legalmente o seu poder e os seus privilexios”.

Velaquí os vídeos nos que catorce das participantes fan unha valoración respecto do congreso e dos tratados en negociación. E os vídeos das dúas xornadas (mañá e tarde) cos relatorios e debates.

2 Outubro 2017

Os pobos de Europa ante os tratados… (debates, II)

Xornada de tarde Parte 2 – CONGRESO INTERNACIONAL OS POBOS DE EUROPA ANTE OS TRATADOS DE LIBRE COMERCIO
2 Outubro 2017

Os pobos de Europa ante os tratados… (debates, I)

Xornada de mañá (1/07/2017) Parte 1 – CONGRESO INTERNACIONAL OS POBOS DE EUROPA ANTE OS TRATADOS DE LIBRE COMERCIO
2 Outubro 2017

Os efectos sobre as empresas locais

“Preocúpannos os efectos dos tratados sobre os equilibrios sociais e económicos, así como os efectos da liberalización a produtores como o Canadá ou os EUA de […]
2 Outubro 2017

Loitas en común

“Esta é unha oportunidade para tecer redes, para pelexar pola multiculturalidade e conseguir unha normalidade nas vidas das persoas e buscar un mundo moito máis xusto […]