Os pobos de Europa ante os tratados de libre comercio

A Fundación Galiza Sempre e o Centre Maurits Coppieters organizaron o 1 de xullo de 2017 na Coruña un congreso sobre os tratados de libre comercio, coordinado polo profesor  Xosé Manuel Carril, e que contou coa participación de especialistas no campo do dereito, a economía, as relacións internacionais, a socioloxía ou a historia.

Durante o congreso, representantes do BNG (Galiza), EH-Bildu (Euskadi), ERC (Catalunya), UDB (Bretaña), Ecolo (Valonia) e Sinn Féin (Irlanda) asinaron unha declaración contra os tratados de libre comercio que “responden a unha lóxica contraria aos intereses das nacións sen estado, permitindo ás corporacións transnacionais e aos conglomerados financeiros contaren cun sistema de control económico que perpetúa legalmente o seu poder e os seus privilexios”.

Velaquí os vídeos nos que catorce das participantes fan unha valoración respecto do congreso e dos tratados en negociación. E os vídeos das dúas xornadas (mañá e tarde) cos relatorios e debates.

2 Outubro 2017

Un novo concepto de comercio

“Necesitamos unha nova política comercial progresista que entenda o comercio como unha forma de conseguir máis xustiza social e máis progreso da humanidade” Eurodeputado de ERC.
2 Outubro 2017

Cuestión de democracia e transparencia

“En definitiva o que está en xogo é que os pobos sexan capaces de coñecer os contidos destes tratados. E cando esteamos a falar de soberanía, […]
2 Outubro 2017

Queremos dar a nosa opinión

“Non estamos de acordo en que se fagan tratados de carácter antidemocrático, opacos e segredos. E, sobre todo, que nos afectan sen contar con nós” Portavoz […]
2 Outubro 2017

Recortes de dereitos e maior desigualdade social

“Rexeitamos estes tratados non só porque foron creados con escurantismo, tamén porque camiñan nunha dirección equivocada: pretenden recortar dereitos sociais e acrecentar as desigualdades sociais” Portavoz […]
2 Outubro 2017

O poder dos oligopolios

“No escenario mundial das relacións económicas, as compañías oligopólicas teñen hexemonía sobre estas relacións, os tratados comerciais están feitos a imaxe e semellanza das necesidades destas […]
2 Outubro 2017

Alternativas desde o punto de vista das nacións e dos traballadores

“O tratado que México firmou en 1994 cos EUA e con Canadá foi un proxecto dominante de imposición por parte dos EUA. Pero hai tratados que […]