Os pobos de Europa ante os tratados de libre comercio

A Fundación Galiza Sempre e o Centre Maurits Coppieters organizaron o 1 de xullo de 2017 na Coruña un congreso sobre os tratados de libre comercio, coordinado polo profesor  Xosé Manuel Carril, e que contou coa participación de especialistas no campo do dereito, a economía, as relacións internacionais, a socioloxía ou a historia.

Durante o congreso, representantes do BNG (Galiza), EH-Bildu (Euskadi), ERC (Catalunya), UDB (Bretaña), Ecolo (Valonia) e Sinn Féin (Irlanda) asinaron unha declaración contra os tratados de libre comercio que “responden a unha lóxica contraria aos intereses das nacións sen estado, permitindo ás corporacións transnacionais e aos conglomerados financeiros contaren cun sistema de control económico que perpetúa legalmente o seu poder e os seus privilexios”.

Velaquí os vídeos nos que catorce das participantes fan unha valoración respecto do congreso e dos tratados en negociación. E os vídeos das dúas xornadas (mañá e tarde) cos relatorios e debates.

2 Outubro 2017

O espolio dos saharauís a partir dos tratados

“O acordo de asociación da UE con Marrocos, asinado no 2000, explota nosos recursos nun acto ilegal e inmoral” Corpo diplomático da República Árabe Saharauí Democrática […]
2 Outubro 2017

Restricións no acceso aos tratados para os representantes da soberanía popular

“Sorprendeume que parlamentarias e parlamentarios aceptasen estas condicións: entrar, ler os tratados, pero non poder levar móbil nin facer fotocopias ou tomaren nota, e con prohibición […]
2 Outubro 2017

Contra unha nova orde irreversíbel

“Os tratados de libre comercio tentan establecer unha nova orde irreversíbel e entendemos que é fundamental para os pobos de Europa falar e debater sobre estes […]
2 Outubro 2017

Alternativas ao empobrecemento das maiorías sociais

“A finalidade destas xornadas é evidenciar como o libre comercio, como dogma de fe, o único que provoca é empobrecemento” Xosé Manuel Carril. Profesor de Dereito […]
2 Outubro 2017

Dinámicas actuais do capitalismo

“Algúns pensamos que a actual fase do capitalismo é unha fase agónica. Diferentes procesos, como a perda de capacidade de xerar valor e plusvalor coas consecuentes […]
2 Outubro 2017

Reforzar as economías locais en beneficio de todas

“Constatamos que os tratados que se están a negociar reforzan o poder das multinacionais e impiden políticas territoriais para reforzar as economías locais en beneficio de […]