Vivimos un momento social e político cualificado de extraordinario. Difícil negalo. A diferenza doutros momentos históricos tamén decisivos, en que a tecnoloxía non impoñía a ditadura da velocidade, hoxe todo bule rápido, se cadra demasiado rápido para o noso cerebro. Habitamos sobre un transfondo de seflies e espectáculos mediáticos. Ou pode que o momento habite en nós, alimentado pola egolatría infantil que perpetua a era do individualismo triunfante. Palabras como pobo ou dereitos colectivos son relegadas á lista de termos prohibidos nos novos tempos. Palabras condenadas a purgar o delito de ter intentado mudar o mundo desde a idea do ben común e a democracia, condenadas sen xuízo previo por buscar suxeitos colectivos de acción política.

O noso espazo social e político non é alleo a esta realidade. Galiza sufriu importantes cambios nos últimos anos nun contexto de forte crise económica, cambios non sempre fáciles de ler, nin de analizar. O goberno de Feijóo co seu norte posto en Madrid e as diferentes apostas do nacionalismo galego despois da Asemblea de Amio son dous fitos que explican, en parte, os debates actuais. En concreto, o que estes días se está a dar a respecto da elaboración dunha Candidatura Galega para as eleccións xerais.

O noso espazo social e político non é alleo a esta realidade. Galiza sufriu importantes cambios nos últimos anos nun contexto de forte crise económica, cambios non sempre fáciles de ler, nin de analizar. O goberno de Feijóo co seu norte posto en Madrid e as diferentes apostas do nacionalismo galego despois da Asemblea de Amio son dous fitos que explican en parte os debates actuais.

A política gobernamental galega dos últimos anos respondeu simplemente ás necesidades da folla de ruta de Feijóo cara a Madrid. Esta asentouse en dous piares básicos. Un de natureza simbólica e outro material. O primeiro consistía en sintetizar o imaxinario cultural e lingüístico no dogma da imposición para abrir unha fenda cada vez maior entre os galegos e galegas e a súa lingua e cultura. Feijoo non escatimou entrevistas, discursos e todos os resortes do poder para invocar á liberdade individual e a falacia da imposición do galego nun bombardeo programado, sen precedentes desde as institucións, a nosa lingua e cultura. Tanto o decreto de 2007 polo que se regulaba o uso e a promoción do galego no sistema educativo como a creación das Galescolas foron atacados cunha virulencia que só desde a distancia do tempo transcorrido podemos comprender en toda a súa complexidade. Eliminar a posibilidade dun reparto equilibrado de materias en galego no ensino e extirpar de raíz as Galescolas foron o obxectivo fundamental de Feijóo nos dous primeiros anos do seu goberno. O decreto e as Galescolas eran símbolos dun cambio, seguro que hai quen pensa que escaso ou limitado, mais para os contrarios a este país era demasiado porque iniciaban un camiño de equiparación da lingua galega co castelán. O simbólico ten un poder emocional importante e Feijóo foi moi consciente disto desde que na oposición fixo parar no último momento un acordo a respecto do decreto do 2007. A súa aposta posterior foi clara.

O segundo piar ten unha referencia clara á economía; consistiu en converter o concurso eólico do bipartito nunha especie de chivo expiatorio de calquera idea dun desenvolvemento económico autocentrado ou con referencia clara en Galiza. A demonización e posterior derrogación do concurso eólico tivo consecuencias catastróficas para a nosa economía e, en concreto, para o desenvolvemento enerxético. A grande mentira da ilegalidade do concurso eólico foi desmontada sete anos despois polos tribunais, mais, quen se lembra!. Quen asume responsabilidades co país. Ninguén porque a misión está cumprida. Galiza non é un problema para Madrid. Nin no simbólico, nin no económico. Non podo deixar de lembrar que o desastre económico dos últimos anos foi aderezado coa perda das antigas caixas de aforro, que vén sendo como perder de golpe o sistema financeiro galego. Os depósitos dos galegos e galegas foron agasallados a un banco privado logo de ser rescatados con cartos públicos e ninguén asumiu ningunha responsabilidade.

A herdanza centralista e da dereita transita parella á resaca asemblearia de Amio para o nacionalismo galego. En 2015, aínda que o BNG siga sendo a terceira forza en número do votos nas municipais, o certo é que o panorama político mudou de xeito claro. Mais actores políticos, novas formas de organización ou forzas con vocación centralista, como Podemos, pulando polo tradicional espazo político do nacionalismo galego obrigan a deternos, pensar e actuar en consecuencia.

A herdanza centralista e da dereita transita parella á resaca asemblearia de Amio para o nacionalismo galego. En 2015, aínda que o BNG siga sendo a terceira forza en número do votos nas municipais, o certo é que o panorama político mudou de xeito claro. Mais actores políticos, novas formas de organización ou forzas con vocación centralista, como Podemos, pulando polo tradicional espazo político do nacionalismo galego obrigan a deternos, pensar e actuar en consecuencia. Existe unha clara pulsión que demanda outros xeitos de organización política e de participación, estou certa que isto é un reto de futuro do que soamente estamos no adro.

Neste cambio do panorama político temos as eleccións xerais ás portas. Cales serán os temas centrais da próxima lexislatura é unha incógnita. Mais todos e todas podemos albiscar que a denominada «cuestión territorial» vai ser un deles. Non sabemos nin a envergadura das reformas ou sequera se estas acabarán tomando forma, de calquera xeito; somos conscientes da importancia das próximas eleccións e tamén da presenza da voz galega no Congreso. Xa sei que sempre houbo galegos e galegas exercendo de deputadas e deputados, agora ben, defendendo o leite cando colisiona co aceite ou a pesca galega ou o sector naval ou a produción enerxética ou... cantos e cantas o fixeron? Lectores e lectoras cada quen que conteste desde a sinceridade. Unha vez feito ese pequeno exercicio convídovos a que imaxine se o debate ao que nos enfrontamos é a respecto do modelo de Estado ou as relacións coa Unión Europea. Non podo imaxinar Cataluña e Euskadi con grupos nacionalistas participando do debate e Galiza agardando polas decisións das forzas estatais.

É o momento de construír porque de derrubos sabemos moito neste país. Construír desde nós mesmas, desde nós mesmos. Recoñecérmonos no feito durante anos polo nacionalismo no Congreso, tirar ensinanzas, abrir novas portas, recoller ideas e escoitar. Queremos escribir o noso propio relato desoindo aos profetas da posmodernidade e ao seu fin da historia. Se o «OXI» grego é unha reescritura da batalla das Termópilas, Nós tamén navegaremos.

É o momento de construír porque de derrubos sabemos moito neste país. Construír desde nós mesmas, desde nós mesmos. Recoñecérmonos no feito durante anos polo nacionalismo no Congreso, tirar ensinanzas, abrir novas portas, recoller ideas e escoitar.

Prefiro vivir o momento da épica que o da unha obsolescencia programada. Prefiro recitar con Manuel María que escoitar as sereas: «Galiza somos nós: a xente e mais a fala.»