Os concellos abranguen vilas e aldeas onde case todo o mundo se coñece polo que, as actuacións neste ámbito son transcendentais. Son, ademais, a administración que está máis próxima á cidadanía e todas as actuacións e políticas que se leven a cabo desde os concellos provocan un maior impacto na veciñanza que as políticas que se desenvolven desde outras administracións. Este é un dos motivos da importancia de implicar veciños e veciñas na vida política, que participen das decisións que se tomen de cara á organización e xestión social, coa finalidade tamén de se manteren informados/as destes procesos exixindo bo facer e transparencia e, ao mesmo tempo, evitando políticas caciquís.

Hoxe en día ábrese un abano amplo de organizacións diversas en que participar e involucrarse. O correcto sería facelo con aquelas que están ao servizo das persoas, favorecendo o seu benestar social, sen perder de vista a realidade en que viven e defendendo con orgullo os seus sinais de identidade. Isto é, apostando polo nacionalismo.

Hoxe en día ábrese un abano amplo de organizacións diversas en que participar e involucrarse. O correcto sería facelo con aquelas que están ao servizo das persoas, favorecendo o seu benestar social, sen perder de vista a realidade en que viven e defendendo con orgullo os seus sinais de identidade. Isto é, apostando polo nacionalismo.

Para romper con políticas alienantes e centralizadoras que non fan máis que acrecentar a situación de crise en que estamos inmersas/os, negando a nosa realidade, recortándonos dereitos sociais, aniquilando os nosos sectores produtivos e obrigándonos a emigrar, ponse de manifesto a alarmante necesidade de manifestarnos dando un claro apoio ao nacionalismo desde os concellos, como única forza que defende o noso país.

Galiza é unha nación cunhas potencialidades que lle permiten «manterse a flote». As actuais políticas, independentemente de onde se localicen as administracións de que emanan, teñen un evidente carácter recentralizador e, non teñen outra finalidade que a de levar o noso país á traxedia do «naufraxio». De aí, a importancia de apostar nos concellos por políticas nacionalistas, pois serán os «flotadores» da nosa autoorganización, dos nosos sectores produtivos, do benestar da veciñanza, dos nosos sinais de identidade como pobo, dos noso patrimonio cultural e artístico, etc. e, que permitirán que Galiza volva a “manterse a flote”.

Convén pois, reflexionar sobre esta outra forma de facer política, sendo conscientes de que, desde o nacionalismo temos a oportunidade de construír un país diferente. Galiza constrúese desde a base dos concellos onde, coa colaboración de todos/as temos qeu facer emerxer a propia lingua, reclamar orzamentos participativos, combater as desigualdades sociais, difundir a nosa cultura popular, manter o noso patrimonio, apoiar a produción local, elaborar plans de emprego, etc. En definitiva, que poidamos comprometernos co noso concello sentindo orgullo do que somos. Non podemos obviar que só con orgullo, honestidade e amor polo propio seremos capaces de frear o “naufraxio” a que nos condenan as políticas estatais e as da Unión europea.