"Algúns pensamos que a actual fase do capitalismo é unha fase agónica. Diferentes procesos, como a perda de capacidade de xerar valor e plusvalor coas consecuentes caídas das taxas de ganancia, levan ao sistema a tratar de sobrevivir sobrexplotando á forza de traballo que segue vinculada aos procesos produtivos"