A Fundación Galiza Sempre e o Centre Maurits Coppieters organizaron o 1 de xullo de 2017 na Coruña un congreso sobre os tratados de libre comercio, coordinado polo profesor  Xosé Manuel Carril, e que contou coa participación de especialistas no campo do dereito, a economía, as relacións internacionais, a socioloxía ou a historia.

Durante o congreso, representantes do BNG (Galiza), EH-Bildu (Euskadi), ERC (Catalunya), UDB (Bretaña), Ecolo (Valonia) e Sinn Féin (Irlanda) asinaron unha declaración contra os tratados de libre comercio que "responden a unha lóxica contraria aos intereses das nacións sen estado, permitindo ás corporacións transnacionais e aos conglomerados financeiros contaren cun sistema de control económico que perpetúa legalmente o seu poder e os seus privilexios".

Velaquí os vídeos nos que catorce das participantes fan unha valoración respecto do congreso e dos tratados en negociación. E os vídeos das dúas xornadas (mañá e tarde) cos relatorios e debates.

Os pobos de Europa ante os tratados de libre comercio