Coa xornada Fagamos Contas, organizada pola Fundación Galiza Sempre, poñemos en marcha un traballo colectivo de balance do que supuxeron para a Galiza a dependencia política e o modelo autonómico, con base na análise dos seus resultados. Nesta ocasión serán cinco mesas temáticas e dez relatorios os que abordarán esta cuestión, que terá continuidade ao longo do vindeiro 2015. 

Fagamos contas. 35 anos de autonomía, como nos foi?

Construción e destrución da autonomía do benestar. Un proxecto nacional inacabado

Como balance de valoración dos case 35 anos de autonomía constitucional de Galicia, o exercicio do autogoberno non produciu como resultado unha mellora na calidade de vida da poboación galega, non principalmente pola súa insuficiencia, senón polas decisións políticas que no seu marco se tomaron.

Así, en clave de construción dun marco galego político institucional do benestar faltou unha visión de País, unha vontade de articular territorial, sociodemografica e economicamente a CA, producindo como resultado a inexistencia dunha estrutura física e xurídica que permita satisfacer as demandas cidadás sobre os mínimos de calidade de vida e asistencial que serven de base para acadar en moitos aspectos a felicidade polo conforto material. Neste sentido, as maiorías parlamentarias executaron decisións de desmantelamento do tecido humano e o substrato material e espiritual que permitiría un benestar da poboación no seu contorno material.

 (..) en clave de construción dun marco galego político institucional do benestar faltou unha visión de País, unha vontade de articular territorial, sociodemografica e economicamente a CA, producindo como resultado a inexistencia dunha estrutura física e xurídica que permita satisfacer as demandas cidadás sobre os mínimos de calidade de vida e asistencial que serven de base para acadar en moitos aspectos a felicidade polo conforto material.

Este modelo evoca unha falta de lexitimade estatutaria para o exercicio do poder, xa que se traizoa coa acción pública a finalidade para a que se configurou o poder autonómico, que foi a defensa da identidade e os intereses da poboación galega, e a solidariedade social entre os seus membros. Os resultados poboacionais, produtivos, económicos, lingüísticos e culturais avalan esta desposesión de lexitimade, por máis que siga respondendo a vontades formalmente maioritarias.

De todo isto se deduce que o principal problema non foi a insuficiencia da autonomía senón o modelo de sociedade que se pretendeu implantar co seu exercicio.

O modelo desgaleguizador e liberal no campo da decisión política na autonomía foron ligados fondamente, xa que o abandono do poder público das zonas rurais e interiores de Galicia conecta a idea de falta de proxecto de País coa idea de insolidariedade. Neste sentido, a afirmación nacional tería que ter implicado a afirmación social, e a ausencia dunha levou irremisiblemente á outra.

No modelo urbano darwinista, elitista e falto de planificación convivencial o estado social autonómico caracterizouse pola ineficiencia de xestión dos mínimos materiais que dispensasen calidade de vida, mais amosouse eficaz ferramenta de competitividade individualista expresada en termos de ansia pola supervivencia, asociada en termos sociolóxicos á desgaleguización, o egoísmo e un neoconservadurismo atroz, que fixo pervivir e reproducir comportamentos electorais propios de épocas de voto cautivo (cacique) de xeito espontáneo.

En consecuencia, non creo que o problema actual de Galicia sexa a insuficiencia do marco xurídico-político (e por tanto, non o é a falta de exercicio da soberanía, neste momento histórico) no eido social, do benestar. Coido que o problema é que carece de estruturas que permitan implantalo, porque o propio exercicio do autogoberno o propiciou.

O balance destes 35 anos é negativo por factores esencialmente endóxenos ao exercicio do autogoberno, non pola inadecuación do marco. Isto non significa que a conclusión fose a mesma se o autogoberno tivese un curso histórico diferente. O caso é que non foi así e, por tanto, o balance actual é este e non outro.

O balance destes 35 anos é negativo por factores esencialmente endóxenos ao exercicio do autogoberno, non pola inadecuación do marco. Isto non significa que a conclusión fose a mesma se o autogoberno tivese un curso histórico diferente. O caso é que non foi así e, por tanto, o balance actual é este e non outro.

Cómpre dar pasos que institucionalmente muden esta situación, e a interrelación entre os movementos sociais que defendan unha idea de Galicia como colectivo de referencia convivencial –é dicir, nun sentido amplo, que acrediten na existencia de Galicia como nación- e o exercicio do poder en clave de benestar social dese pobo. A situación que vivimos é consecuencia dun proxecto inacabado como pobo.

 

Se non estás rexistrado/a, podes acceder por medio de:

Botando contas. O territorio
35 Anos de Autonomía. Territorio e Demografía
Quatro reflexons económicas em perspectiva política
Facermos balance e procurarmos mellorar o discurso e a acción a favor do galego
Lingua e Cultura
Centralismo desatado ao servizo da contra-reforma neoliberal
Fagamos contas