O Bloque Nacionalista Galego celebrou os pasados 25 e 26 de marzo a súa XVI Asemblea Nacional, a chamada "asemblea da refundación", baixo o lema En bloque cara a un tempo novo.

A formación nacionalista actualizou os seus principios políticos e renovou o seu firme compromiso pacifista, internacionalista e anti-imperialista, coa defensa do dereito de libre determinación dos pobos como eixo nas relacións entre a Galiza e o resto de nacións.

Na asemblea estiveron presentes diferentes organizacións políticas internacionais convidadas. Velaquí vos deixamos o que falamos con todas elas:

É a hora dos pobos! Pola soberanía, a democracia e a xustiza social.

"Nós defendemos a construción dun Estado propio, Cataluña, pero o Estado español néganos esta posibilidade de momento."

"Nós defendemos a construción dun Estado propio, Cataluña, pero o Estado español néganos esta posibilidade de momento."

"En setembro a través do referendúm poñeremos a decisión nas mans do pobo e que o pobo de Cataluña decida"

"O recoñecemento dos dereitos de todas as persoas e de todos os pobos é o que lles permite vivir en liberdade"

"A soberanía nacional é parte indispensable das soberanías compartidas"

"Chegará o momento no que Galiza poñerá en mans do seu pobo a decisión de cal vai ser o seu futuro"

 

Se non estás rexistrado/a, podes acceder por medio de: