O Bloque Nacionalista Galego celebrou os pasados 25 e 26 de marzo a súa XVI Asemblea Nacional, a chamada "asemblea da refundación", baixo o lema En bloque cara a un tempo novo.

A formación nacionalista actualizou os seus principios políticos e renovou o seu firme compromiso pacifista, internacionalista e anti-imperialista, coa defensa do dereito de libre determinación dos pobos como eixo nas relacións entre a Galiza e o resto de nacións.

Na asemblea estiveron presentes diferentes organizacións políticas internacionais convidadas. Velaquí vos deixamos o que falamos con todas elas:

É a hora dos pobos! Pola soberanía, a democracia e a xustiza social.