LEI DE SERVIZOS DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN E COMERCIO ELECTRÓNICO PARA PÁXINAS WEB

Este sitio web está rexistrado a nome de Fundación Galiza Sempre
Enderezo: Avenida Rodríguez de Viguri, 16-Baixo. 15703 Santiago de Compostela.

O acceso ao sitio web e á información relativa a calquera dos produtos e servizos contidos no mesmo comporta a aceptación das condicións previstas no presente aviso legal. Por iso recomendamos a lectura do contido deste apartado se desexas acceder e facer uso da información e os servizos ofrecidos desde o mesmo.

É posíbel que nalgún momento algunha das páxinas do sitio web dispoña de cookies, que son pequenos ficheiros de datos que se xeran no computador da persoa usuaria e que permiten aos nosos sistemas lembrar o idioma e o portal escollidos, así como outras características ou preferencias de navegación da usuaria na súa primeira sesión. Estas cookies non son invasivas, nin nocivas, nin conteñen datos de carácter persoal, xa que a súa única función é personalizar a súa navegación na forma antes expresada.

Status da persoa usuaria e usos permitidos e prohibidos

O acceso e/ou uso do sitio web reflectido como sitio web atribúe a quen o realiza a condición de usuaria/o, aceptando, desde ese mesmo momento, plenamente e sen reserva algunha, as presentes condicións xerais, así como as condicións particulares que, no seu caso, complementen, modifiquen ou substitúan as condicións xerais en relación con determinados servizos e contidos da web.

A/O usuaria/o comprométese a utilizar o sitio web e os seus servizos e contidos sen contravir a lexislación vixente, a boa fe, os usos xeralmente aceptados e a orde pública.

Así mesmo, queda prohibido, o uso da web con fins ilícitos ou lesivos contra a razón social propietaria do sitio web ou calquera terceiro, ou que, de calquera forma, poidan causar prexuízo ou impedir o normal funcionamento do sitio web.

Propiedade intelectual e industrial

Respecto dos contidos (informacións, textos, gráficos, arquivos de son e/ou imaxe, fotografías, deseños, etc.), prohíbese:

  • A súa reprodución, distribución ou modificación, a menos que se conte coa autorización dos seus lexítimos titulares ou resulte legalmente permitido.
  • Calquera vulneración dos dereitos de propietario do sitio web ou dos seus lexítimos titulares sobre os mesmos.
  • A súa utilización para todo tipo de fins comerciais ou publicitarios, distintos dos estritamente permitidos.
  • Calquera intento de obter os contidos do sitio web por calquera medio distinto dos que se poñan a disposición das/os usuarias/os así como dos que habitualmente se empreguen na rede, sempre que non causen prexuízo algún ao sitio web.

A Fundación Galiza Sempre non outorga ningunha garantía nin se fai responsable, en ningún caso, dos danos e prexuízos de calquera natureza que puidesen traer causa de:

  • A falta disponibilidade, mantemento e efectivo funcionamento da web e/ou dos seus servizos ou contidos.
  • A falta de utilidade, adecuación ou validez da web e/ou dos seus servizos ou contidos para satisfacer necesidades, actividades ou resultados concretos ou expectativas das/os usuarias/os.
  • A existencia de virus, programas maliciosos ou lesivos nos contidos.
  • A recepción, obtención, almacenamento, difusión ou transmisión, por parte dos usuarios, dos contidos.
  • O uso ilícito, neglixente, fraudulento, contrario ás presentes condicións xerais, á boa fe, aos usos xeralmente aceptados ou á orde pública, do sitio web, os seus servizos ou contidos, por parte dos usuarios.
  • A falta de licitude, calidade, fiabilidade, utilidade e disponibilidade dos servizos prestados por terceiros e postos a disposición dos usuarios no sitio web.
  • O incumprimento por parte de terceiros das súas obrigas ou compromisos en relación cos servizos prestados ás/os usuarias/os a través do sitio web.

Aos efectos de preservar os posíbeis dereitos de propiedade intelectual, no caso de que calquera usuaria/o ou terceira/o considere que se produciu unha violación dos seus lexítimos dereitos pola introdución dun determinado contido na web, deberá notificar dita circunstancia á Fundación Galiza Sempre, indicando:

  • Datos persoais da/o interesada/o (titular dos dereitos presuntamente infrinxidos). Se a reclamación é presentada por unha terceira persoa distinta da interesada, deberá indicar a representación coa que actúa.
  • Indicación dos contidos protexidos polos dereitos de propiedade intelectual e a súa localización na web.
  • Acreditación dos citados dereitos de propiedade intelectual.
  • Declaración expresa na que a interesada se responsabilice da veracidade das informacións facilitadas na notificación.

A lexitimidade dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial correspondentes aos contidos achegados por terceiras persoas é da exclusiva responsabilidade das mesmas.

O establecemento de calquera «hiper enlace» entre unha páxina web e calquera das páxinas web do sitio web estará sometido ás seguintes condicións:

  • Non se permite a reprodución nin total nin parcial de ningún dos servizos nin contidos do sitio web sen citar a procedencia .
  • Baixo ningunha circunstancia a Fundación Galiza Sempre será responsábel dos contidos ou servizos postos a disposición do público na páxina web desde a que se realice o «hiperenlace» nin das informacións e manifestacións incluídas nas mesmas.

Duración e modificacións

A duración da prestación do servizo do sitio web e dos servizos é de carácter indefinido.

Sen prexuízo do anterior, a Fundación Galiza Sempre resérvase o dereito para, interromper, suspender ou terminar a prestación do servizo da web ou de calquera dos servizos que o integran sen que diso se poida dirimir ningunha responsabilidade.

Poderase modificar unilateralmente e sen previo aviso, sempre que o considere oportuno, a estrutura e deseño do sitio web, así como modificar ou eliminar, os servizos, os contidos e as condicións de acceso e/ou uso do sitio web.

Lexislación aplicable e Xurisdición

As presentes Condicións Xerais rexeranse pola lexislación do Estado español.

A Fundación Galiza Sempre e a usuaria, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidese corresponderlles, sométense á xurisdición dos xulgados e tribunais do domicilio da usuaria para cantas cuestións puidesen suscitarse ou exercitarse derivadas da prestación do servizo da web e dos seus servizos e contidos e sobre a interpretación, aplicación, cumprimento ou incumprimento do establecido neste aviso.

No caso de que a persoa usuaria teña o seu domicilio fóra do Estado español, a Fundación Galiza Sempre e a usuaria, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidese corresponderlles, sométense á xurisdicción dos xulgados e tribunais de Santiago de Compostela.